Santiago de Compostela
Sesión Vibracional Mércores 3 decembro. 21.30 h
O Centro de Novas Tecnoloxías do Pico-Sacro (TPS) continúa o 3º ciclo anual de sesións vibracionais na Sala Nasa de Compostela.
Por terceira temporada, continúan as sesións vibracionais do TPS centradas fundamentalmente na investigación da riqueza da improvisación libre, así como na articulación e despregue do inmenso potencial do proxecto O.m.e.ga (Orquestra de Música Espontánea de Galicia).
Outsider convidada + núcleos O.m.e.ga.
Tsukiko Amakawa: Piano, Electrónica. Xapón.
Pablo Pérez: contrabaixo. Galicia.
Carlos Castro: vibráfono. Galicia.
En cada unha destas sesións únicas de trío a cegas, na que se retoma a idea de combinar unidades mínimas de experimentación sonora, dunha banda toman partido dous núcleos dinámicos de Omega que actúan en formato solo ou dúo e así mesmo exercen como anfitrións da nosa convidada especial, unha pianista xaponesa que amosará en solo e mais en trío asúa idea persoal e musical da creación a tempo real e a súa liña básica de investigación e desenrolo das posibilidades vibracionais nas sesións de improvisación libre.
[+info]
Leave a Reply
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.