http://www.consellodacultura.org/noticias/2005/15_07_05_licenza.htm
CREATIVE COMMONS EN GALLEGO
Literal:
«SANTIAGO DE COMPOSTELA, 15 de xullo de 2005.- A partir de hoxe, calquera internauta dispón en lingua galega da ferramenta máis estendida no mundo para a cesión de dereitos de autor. O Consello da Cultura Galega (CCG) realizou a versión no noso idioma das licenzas Creative Commons, adaptadas ao ámbito xurídico español. Estas licenzas permiten aos creadores dispor dun marco flexible de cesión de dereitos de autor en calquera soporte. A versión en galego incrementa as posibilidades de uso da nosa lingua na rede e facilita a diversidade da creación cultural dentro dun movemento de carácter mundial».
noraboa a tod@s @s galego@s