II CONCURSO MAGISTRALIA DE CREACIÓN MUSICAL PARA MULLERES
Bases
1. O concurso está aberto a compositoras de todas as nacionalidades, sen límite de idade.
2. Cada compositora poderá presentar unha soa obra.
3. A formación orquestral será sinfónica, sen instrumento solista nin voz e soamente se require que o máximo do orgánico sexa o seguinte: 2 frautas, 2 óboes, 2 clarinetes, 2 fagots, 4 trompas, 2 trompetas, 3 trombóns, 1 tuba, 1 arpas, 1 pianos, 1 timbal, 3 percusionistas e corda.
4. A duración da obra estará comprendida entre os 10 e os 15 minutos. As partituras deberán ser claras, lexibles, sen riscos e coas súas páxinas numeradas.
5. As obras participantes deberán ser sempre orixinais e inéditas, non poderán ser estreadas en público nin premiadas, co título actual nin con ningún outro título e os participantes deberán achegar unha declaración asinada que o garanta.
6. A dotación do premio, que será indivisible e poderá quedar deserto, será de 5.000 €.
As obras enviaranse baixo pseudónimo por correo certificado antes do día 31 de marzo de 2008 á sede da Fundación Magistralia (Centro Comercial “Soto de Llanera”, local 12 A-B. 33423 Pruvia – Asturias. España) e farase constar no sobre “Concurso de Creación Musical Magistralia”.
Leave a Reply
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.