A partir do 21 de setembro, MARCO e SINSALaudio poñen en marcha un ciclo de concertos de grupos e artistas galegos durante catro venres consecutivos, baixo o título ‘MARCO sonoro’. Os concertos e actuacións teñen un denominador común e son reflexo do uso xeralizado das novas ferramentas da comunicación, e de Internet como ventana aberta ao mundo. Unha dispersión xeográfica e apertura musical que están propiciando un escenario de gran creatividade e variedade, algo impensable só uns anos atrás. Aínda queda moito que reivindicar, pero de momento xa non hai que ir a Nova York para escoitar a John Cage ou a Suicide.
PROGRAMA:
venres 21de setembro. Especial AC. Fase
20.30 Roberto Mallo (A Coruña) _experimental.
21.15 Miguel Prado (A Coruña) _experimental.
venres 28 de setembro
20.20 Xesús Valle (Vigo) _performance electroacústica.
21.00 Franc3s (A Coruña/Lugo) _rock contemporáneo.
venres 5 de outubro
20.15 Mequetrefe (Lugo) _rock contemporáneo.
20.50 Apenino (Santiago/Vigo) _pop electrónico.
21.30 Les Telephones Rouges (O Grove) _rock contemporáneo.
venres 12 de outubro. CONCERTO CLAUSURA. Especial Alg-a + Binaural
20.10 Durán Vázquez (Vigo) _electrónica
20.40 AC: Cecilia Blanco e Estela Ballesteros (Vigo) _contemporánea
21.10 Manuela Barile e Rui Costa (Italia/Portugal)_performance_electrónica
21.45 Madamme Cell (Vigo) _contemporánea
Leave a Reply
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.