SINSALradio_program_n23. Gravity Handler, Kim Cascone
especial kim cascone│selo crc, madrid
kim cascone│gravity handler│crc01__
Gravity handler ten unha duración de 48 minutos nun só track de audio. foi creado a partir de grabacións de campo realizadas en diferentes localizacións de madrid durante unha única xornada o día 3 de outono do pasado ano. os sons captados e rexistrados proceden de conductos de aire, fontes, o metro, ascensores, escaleiras de incendio, e un peculiar refrigerador do estudio de grabación. posteriormente procesáronse estas paisaxes sonoras e fixeron a montaxe no sistema pro-tools, creando unha única pista continua onde se recoñecen dende sons cotidianos ata sons que unicamente escoitamos na nosa imaxinación. a intención desta obra é transmitir una impresión sónica da cidade de madrid, máis que plasmar un documento sonoro deste entorno. o título deste cd correspóndese co dunha obra de marcel duchamp. neste traballo, kim cascone pon un paréntesis no que viña sendo o seu habitual método de composición, voltando de novo á paisaxe sonora, unha das disciplinas que lle deu a súa fama internacional polos seus traballos con pgr.
Leave a Reply
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.