Dia das Letras Galegas. Xaquin Lorenzo Xocas [gz]
Co gallo do Día das Letras Galegas, o Arquivo Sonoro de Galicia adica un espacio sonoro a este etnógrafo que tanto votou de menos a vida nos pobos e que xa apuntou o risco que corriamos os galegos de perder a nosa identidade como pobo. As veces o seu discurso parece o dun vello nostálxico que non asimilou o paso do tempo, pero despois de madurar os seus ensaios, é posible que ese discurso fale dunha realidade: a nosa ineficacia para adaptar a nosa cultura ós tempos presentes, sin perder polo camiño os elementos que nos identifican. Xulgade vos mesmos.
O luns día 17 celébrase o Día das Letras Galegas e o xornal Galicia Hoxe [que cumpre un ano de vida] publica un artigo meu no que falo brevemente da magoa que supón que Xocas non recollera sons polos pobos cando iniciou os seus traballos de recollida de cantigas e cancioneiros populares. Falo de a muller no Cancioneiro galego ou Cancioneiro de Borneiro e xa nos derradeiros anos o Nuevo Cancionero Gallego, uns excelentes traballos que serían realmente brillantes si se acompañaran das súas respectivas grabacións de campo, unha tecnoloxía pouco portabel, pero posible naquel tempo.
A INTRO DO TEXTO
“Dende logo a faceta máis interesante de Xaquín Lorenzo Fernández foi, sin dúbida, a de etnógrafo e antropólogo. Ata fixo labores de etnomusicólogo, como así o demostran as obras a muller no Cancioneiro galego ou Cancioneiro de Borneiro e xa nos derradeiros anos o Nuevo Cancionero Gallego. Sinceiramente, foi unha pena que nas súas viaxes non cargara tamén cun fonógrafo, ademáis da súa cámara (daquelas, nos anos trinta, os equipos de grabación externa no eran moi portabeis, a verdade, pero foi nese tempo cando a etnomusicoloxía e a antropoloxía daban aquel paso tan importante, o de ter a posibilidade de grabar os sons dos pobos para documentar as viaxes e para poñer un filtro importante á subxetividade dos investigadores. György Ligeti, por exemplo, entregou máis de mil cilindros de cera de grabacións de campo de cantos e ritmos populares da media África e mesmo Stravinsky fixo outro tanto moitos anos antes cos ritmos populares do este europeo). Comprendo que a palabra pode perfectamente documentar o pasado dun pobo, pero comprendo tamén que o imaxinario necesita sons para construir a imaxe daquel pasado, e en moitas ocasións, escoitar o son do pasado pode cambiar radicalmente a percepción que tíñamos del. A musicoloxía é unha ciencia relativamente xove (ten pouco máis dun século), pero xa demostrou hai moito tempo que para avanzar no estudio da historia musical dun pobo é imprescindible queimar moitas etapas e non é posible saltalas alegremente para chegar de súpeto ó presente. E nesas estamos, a historia do son galego necesita máis traballo de campo e xa temos moitos logros, sen dúbida; Xocas foi un deles, anque non acompañara de grabacións os seus traballos musicolóxicos”.
Leave a Reply
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.