Sinsal extensión FASE
O Festival Sinsal extensión Fase na Fundación Luis Seoane continúa en febreiro de 2010 con dous novos concertos.
Concerto do trío inédito Ryu Hankil, Miguel Prado e Roberto Mallo.
Fundación Luís Seoane MAÑÁ sábado 13 de febreiro.
Inicio 21:30. Entrada libre.
O segundo concerto será o domingo 21 e correrá a cargo do pianista inglés John Tilbury.
Vigo, 12 de febreiro de 2010.- Ryu Hankil naceu en Seúl, Korea do Sul, en 1975. Tocou o teclado en dous famosos grupos koreanos de pop independente pero ao cabo dun tempo deixou os grupos ao cansar do son e forma de tocar esta música. Comezou enton un proxecto de electro pop en solitario, Daytripper, e editou dous discos a solo. Despois de gravar Brownpaper, Hankil colaborou por primeira vez co dúo de noise/improvisación koreano Astronoise. Ao mésmo tempo, acudiu a un concerto de Otomo Yoshihide, Sachiko M, Axel Dörner e Taku Unami en Seúl. Cambiou de instrumento musical e concentrouse máis e máis na música improvisada. Hankil organizou unha serie de concertos mensuais chamada RELAY dende 2005. Estableceu o seu propio selo chamado Manual, que edita música improvisada e revistas. Usa motores de reloxo como instrumentos e e está interesado en atopar estructuras musicais na vibración dos obxectos. Enfoca o seu traballo arredor de noninstrumentos, obxectos abandoados como vellos teléfonos e máquinas de escribir que funcionan como un detournement desa Korea produtora insaciable de electrónica de consumo.
Traballar cos residuos do sistema como instrumento artístico e musical.
É membro do novo proxecto de Otomo Yoshihide FEN.
Miguel Prado (A Coruña, 1985) é un artista que traballa coa improvisación, o son e o silencio. Trata de analizar as consecuencias sociais, culturais e políticas que se poden obter a través da música experimental, a improvisación e a creación de situacións. Levar a cabo un proceso de destrución dos roles que perpetúan a noción de espectáculo, que separan a espectador e artisa e que alienan ao consumidor e produtor.
O seu traballo no está suxeito a dereitos de autor, abolir o copyright é o primeiro paso para evitar a natureza seductora do capitalismo consumista.
Aínda que toca a guitarra de maneira autodidacta, non se reafirma como músico, sentirse vinculado a un instrumento ou unha ferramenta en exclusiva é sentirse coartado pola forma na que se veu tocando ese instrumento e elimina a liberdade de comunicación co espazo e co contexto. Roberto Mallo (A Coruña, 1980) é un improvisador interesado nos procesos de realimentación, que utiliza como peza principial nas súas actuacións. Se ben o seu principal instrumento hoxe en día é o saxofón, está cada vez máis interesado nas posibilidades da electrónica: tanto con son sintetizado por computador como a través da reapropiación de materiais da sociedade de consumo para integralos como parte do círculo realimentador.
O seu traballo está dispoñible para libre intercambio e utilización, non protexido por ningún tipo de dereitos de autor.
Máis información:
acfase.wordpress.com
luisseoanefund.org
joseghast.org
taumaturgia.com/miguelprado
Leave a Reply
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.