http://www.sinsalradio.com
ESCOITAR/LISTEN
data.date 08.Jul.2005
nenoescuro
‘interior’
[alg-a netlabel] [+info]
PLAYLIST
animal
mineral
nenoluz
ping_pommm
Interior é un proxecto baseado en ferramentas de audio electrónicas que tenta recrear una serie de paisaxes emocionais humanas a través dunha relación continua de estados modificados de son presentados de xeito fragmentado e que supoñen unha procura da luz no percorrer da súa sombra, pescudando no máis escuro do íntimo até acadar a luminosidade emerxente do beco máis afastado. Esta recreación, porén, busca tamén cierto tipo de efecto no receptor, certa identificación que o faga viaxar polos estados descritos ao longo da intervención de tal modo que a inmersión deste na obra se promove por medio dun son conceptualmente denso e cargado de expresión.
Una proxección de vídeo sobre o performer fai, paradoxalmente, que desapareza desde practicamente o comezo e aporta ademais unha sucesión borrosa e mutante de texturas de luz que contribúe, xunta o propio set sobre o que se centra a atención, a crear a atmosfera de intimidade precisa para o bo funcionamento da intervención.
Interior debe ser levado a cabo preferentemente en lugares de pequeno aforo e dimensións.
>>>>>>>
>>>>>
>>>
>>
>
Leave a Reply
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.