__Leafcutter John [uk] http://leafcutter.33-rpm.net/
sábado 27 de nov/04
Despois dunha década dominada polas frecuencias sonoras de editoras como Warp, estaba claro que tiña que acontecer un relevo xeneracional en calqueira parte deste planeta. O noso convidado John Burton é desde Inglaterra un dos posibles sucesores ou rexeneradores desta electrónica intelixente que un día impulsaron nomes tan enormes como Autechre ou Aphex Twin . Este xovencísimo artista manexa como poucos ese delicado arte da ciruxía dixital. Precisión, tacto e moito talento para reconstruir e innovar as estructuras dunha Música que parecía chegar a estancarse ata limites insoportables, moi próximos a New Age pero que gracias a xente como Leafcutter John corre hacia outros espacios e dalgunha forma tamén dimensións. Entre tódala discografía de Leafcutter John para selos como Planet Mu, Tigerbeat, Klankrieg, Xl-Recording, etc, e as numerosas colaboracións coutros nomes da Cultura Pop actual, destaca o seu último disco The Housebound Spirit. Unha obra imprescindible no 2003 con varios cancións que resumen en menos de cinco minutos os mellores momentos de producción e deseño dos últimos anos. Exercicicios metódicos de gran precisión intelectual. Estructuras sonoras arrancadas do seu espacio para formar un novo organismo dixital, tan fermoso, tan imprevisible, tan humano. Un collage dunha impecable limpeza que tanto concentra o Post-Rock como os «Erros» do chamado «Universo Labtop» o Pop e outros Micromundos contemporáneos. Un Arquitecto do Audio e un Poeta dixital.
ya ves, el retorno a la ingenuidad y el cinismo (¿por primera vez?). Aquí estamos perplejos y con nuestro particular olvido nos desentendemos